COMUNICACIÓN

Somos unha axencia de comunicación e publicidade con máis de 15 anos de experiencia 

estrategia de publicidad

Comunicación estratéxica

A comunicación, para ser eficaz, precisa unha planificación meditada e minuciosa. Un plan de comunicación a medida que amose a folla de ruta, os obxectivos pautados, o libro de estilo e o ton que no que a túa empresa se relaciona cos seus clientes permitirache ofrecer unha imaxe coidada e inequívoca.

A nosa traxectoria de máis de 15 anos no sectora da comunicación corporativa permítenos pór á túa disposición toda a nosa experiencia e saber facer, para optimizar cada paso que deas cos teus clientes. Comezamos cando queiras 😉.

 

«Pensa como un home sabio pero comunícate na linguaxe da xente.» 

William Butler Yeats

Plan de comunicación

 Agora que xa temos claro que a estratexia é clave para unha comunicación eficaz, chega o momento de deseñar un plan de comunicación  que contemple os pasos a seguir no curto, medio e longo prazo. Todo isto debe contar sempre con obxectivos realistas, cuantificables e enfocados a resultados.

Os froitos que queramos recoller marcarán en gran medida as liñas a seguir: non faremos o mesmo se queremos facer branding (dar a coñecer a túa marca), que se pretendemos amosar un aspecto novedoso sobre ela. A comunicación tamén pode estar enfocada a vendas, fidelización…  ou cambiar a sensación que o teu público ten sobre os teus produtos ou servizos. Isto incluiría curación de contidos negativos sobre a túa marca ou produtos ou a xestión da túa reputación online.

É importante lembrar que todo comunica, desde a web ata a sede do teu negocio, pasando polo que dis en redes ou como o dis! E por iso precisas o apoio dun equipo que te guíe e te acompañe a cada paso que teñas que dar. Só queda agora responder a esta pregunta: cando comezamos?

Comunicación corporativa

Desde a túa empresa e sobre ela terás que decidir que queres transmitir, a quen, como e a través de que medios. É un goteo constante, un traballo de formiga, pensado para o medio e longo prazo, que condicionará en gran medida a impresión que a sociedade teña sobre o teu negocio.

Podes controlar este fluxo de información? Desde logo. Pero terás que estar moi pendente de que comunicas, cando, a través de que medios e con que finalidade. É dicir, marcar unha folla de ruta e unha estratexia. De novo, estamos ante un xadrez no que mover as pezas con seguridade, coñecendo as súas posibilidades e o desafío ao que te enfrentas pode derivar en que gañes a partida.

Cóntanos que queres transmitir e nós explicarémosche como podes facelo. Agardamos por ti en Basquiños 20 de Santiago ou no 881 830 362.

Notas de prensa

Que momento é bo para enviar unha nota de prensa? A quen lla teño que enviar? Que contido debe incluír? Mando tamén fotografías ou mellor deixo que as elixan desde redación? Que pasa se queren información adicional? Cando van publicar a información que lles envío? Estas e outras moitas dúbidas poden xurdir cando chega o momento de facelo.

Non saber cando, a quen, como ou que enviar a prensa pode derivar en que a túa empresa caia no esquecemento. Enviar información que non cumpla cos criterios noticia tamén. A boa nova é que en VINCUSYS contamos con profesionais do sector que saben como responder a todas estas cuestións e que farán todo o posible para que a túa información acabe publicada.

Publicidade en medios

Elixir os medios máis axeitados para optimizar a túa inversión e conseguir retorno non é unha tarefa sinxela. É o caso de medios de comunicación off line, a tarefa complícase porque os sistemas de medición de audiencias non son tan exhaustivos como os do mundo online e é moi posible que non teñas acceso a eles en tempo real. Pero dependendo de cal sexa o teu público e o teu obxectivo nun momento dado, é certo que poden ser grandes aliados. Coñecer as dinámicas dos medios é fundamental para saber onde, como e cando invertir.

No caso dos medios online, as estatísticas de Google ofrecen unha información moi valiosa. Podes chegar a ter unha idea bastante aproximada de quen fixo clic nun banner que pagaches nun xornal online, ou coñecer o número e perfil de persoas que leron a túa publirreportaxe.

Aunar un bo deseño de contido cunha imaxe coidada, sabendo por que medios apostar e que esixencias se deben pedir aos medios require dun know-how que nós temos e poñemos á túa disposición. Optimiza a túa inversión da man dun equipo cunha dilatada experiencia que te guiará en cada paso. Queres saber como?

empresa de diseño grafico

Deseño gráfico

Un creativo é unha persoa (ou a veces un superheroe) capaz de escoitarte, entender o que queres e o que precisas -tanto se o tes claro ti mesmo ou non-, e de darlle forma para comunicalo graficamente dun xeito que cumpra os teus obxectivos e non deixe indiferente ao teu público.

Efectivamente, non é fácil. Se o fora, calquera podería selo. Pero é necesario dominar unha serie de ferramentas de deseño gráfico, ter unhas boas dotes comunicativas e saber responder ás demandas dunha persoa á que en realidade apenas coñeces. Aceptamos o reto porque é un traballo que levamos moitos anos realizando con resultados satisfactorios para ambas partes. A felicidade de ver a un cliente sorrir ao ver unha das nosas propostas de deseño é un plus que non sae na factura 😊.

Podes delegar en nós o deseño do teu packaging, dunha publicidade que queiras insertar en medios, dun mupi ou valla, do teu merchandising… ou, mellor aínda, de todo o que precise a túa empresa!

diseño grafico agencia de comunicacion y publicidad

Imaxe corporativa

O noso equipo leva moitos anos adicándose a crear a imaxe de marca de numerosas empresas de distintos sectores. Desde a de compañías que queren transmitir sinxeleza, elegancia e sobriedade ata a de negocios novos que pretenden amosar a súa capacidade de de romper coa tradición a través do dinamismo propio dun equipo xove e innovador.

Todo comunica e a imaxe corporativa da túa empresa é a túa carta de presentación. Por iso, en VINCUSYS estudamos o teu caso e parámetros como o que queres transmitir, como encaixa dentro do teu sector ou que esá facendo a túa competencia, para ofrecerche un proxecto de imaxe de marca a medida, que te encante e que represente ao 100% os valores do teu negocio.

Deseñamos todos os elementos que precisa a túa empresa para o seu día a día: tarxetas, follas de carta, sobres, selos, vinilos, lonas, vallas, merchandising… se estás pensando en renovar a túa imaxe ou en empezar unha nova andaina, esperámoste en Basquiños 20 de Santiago de Compostela.

Comezamos?

Privacidade

9 + 6 =

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento: Responsable: VINCUSYS, SL. Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición Más información del tratamiento en la política de privacidad.