MÁrketing

A nosa axencia de márketing ofrece servizos en Galicia, Barcelona, Madrid e Euskadi.

Márketing estratéxico

Dispoñer dun plan de marketing a medida que contemple o camiño a seguir no curto, medio e longo prazo é esencial para non acabar perdendo o tempo con accións inconexas, non optimizadas.

Desde VINCUSYS, a túa axencia de marketing dixital en Galicia, creamos un plan de márketing estratéxico para a túa empresa, apostando porlas canles online e offline para potenciar os teus puntos fortes, axudar a minimizar os febles e apostar por visibilizar e reforzar as túas vantaxes competitivas.

 

«A estratexia sen proceso é pouco máis ca unha lista de desexos.» 

Robert Filek

Márketing dixital

Na nosa axencia de márketing dixital contamos con máis de 15 anos de experiencia neste ámbito ás nosas costas. Poñemos á túa disposición todo o noso coñecemento do sector para que poidas utilizar internet e as canles online para crear e difundir a túa imaxe de marca (branding), conseguir novos clientes e fidelizar os actuais.

Un equipo formado por especialistas de cada área prestarache os servizos necesarios para cada uhna das necesidades da túa empresa: márketing, comunicación, tecnoloxía, deseño gráfico, deseño web e formación a medida, tanto in company como online. Un servizo 360º para que ti só te preocupes pola actividade diaria do teu negocio, coa garantía e confianza do respaldo dun equipo multidisciplinar moi pretode ti.

Un abano de servizos amplo grazas á nosa formación transversal e experiencia omnicanle con ducias de clientes de toda España.

Xestión de redes sociais

A xestión eficiente da presenza do teu negocio en redes sociais vai moito máis alá de compartir fotos, vídeos ou frases inconexas en redes sociais. É imprescindible ter uhna estratexia, un plan de contidos e un libro de estilo, cos que os teus seguidores pasen de ser meros usuarios dunha rede seguindo a unha empresa en Facebook, Twitter ou Instagram, a converterse nunha comunidad unida, que se identifica coa túa marca e os seus valores e a recomenda.

Crear comunidade é un esforzo activo, constante e eficiente que require de profesionalidade, perseverancia e dinamismo.

É na xestión de crise, cando un cliente ou varios amosan o seu descontento ou insatisfacción cun produto ou servizo, onde máis podes marcar a diferenza. De pequenas crises nacen grandes victorias, saber xestionalas axeitadamente para que isto suceda é tarefa dun profesional con experiencia en atención ao cliente e, sobre todo, moita man esquerda.

 Social ads e Google ads

A día de hoxe, as plataformas para publicidade online que permiten unha analítica máis exhaustiva e uhna relación retorno de inversión-prezo superior son as redes sociais e Google. No caso dos social ads, es ti quen fala dos teus produtos e servizos aos usuarios das redes, é unha estratexia de oferta. No de Google ads, é o teu cliente potencial quen está buscando información sobre produtos e servizos que ti poderías ofrecerlle, é unha estratexia de captación de demanda.

A publicidade en redes sociais (de oferta), sumada á de Google (de demanda) pode ser unha combinación moi eficaz se o que buscas é o dobre obxectivo de dar a coñecer os teus produtos e servizos e captar novos clientes.

Desde a nosa axencia de márketing dixital tamén podemos aunar esta estratexia de oferta e demanda con remárketing e outros tipos de publicidade online, como banners, vídeos, publirreportaxes, contidos de pago ou outros elementos que non teñen que ofrecerse necesariamente a través das canles habituais.

Mobile márketing

En España xa hai máis móbiles que habitantes, o que significa que moitas persoas dispoñen de máis dun smartphone. As cifras de uso destes dispositivos son espectaculares e cada vez accedemos a internet con máis frecuencia desde eles, en detrimento dos ordenadores de sobremesa e portátiles.

Con este panorama, o mobile márketing, o márketing dixital deseñado especificamente para atraer clientes desde os smartphones, pode ser unha ferramenta moi útil para a túa empresa. Desde a nosa axencia de márketing queremos ser o teu aliado fiel para que consigas este apetitoso obxectivo.

Ademais, para negocios locais, desde a hostalaría, hotelería e restauración, ata empresas con público de proximidade como clínicas, despachos de abogados ou farmacias, estar visibles cando alguén os busca en Google, sexa unha persoa desa propia localidade ou un turista que está de paso, é decisivo para poder ofrecerlle os seus produtos ou servizos. Dito isto, estás a un WhatsApp ao 881 830 362 de coñecer os beneficios específicos que o mobile márketing pode ter para ti.

campaña de email marketing

E-mail márketing

Ter unha base de datos actualizada dos teus clientes pode ser moi útil á hora de comunicarlles que lanzaches novos produtos, servizos, promocións… Por iso é fundamental que gardes os seus e-mails, respectando sempre a normativa vixente en materia de protección de datos, tanto española como europea.

A través de newsletters ou de e-mail márketing personalizado poderás recordarlles que segues aí, moi preto, fidelizarlos e incrementar as túas vendas. Tamén contarlles as novedades do teu negocio, eventos, responsabilidade social corporativa, patrocinios, información útil do seu sector…

Envíanos un e-mail 😉 á nosa axencia de márketing dixital e contarémosche que campaña pode ser eficaz para a túa empresa, segundo os obxectivos estratéxicos que teñas en cada momento. 

Optimización web (SEO, CRO, UX)

Optimizar o teu sitio web é básico e fundamental para acadar máis visibilidade, que se traducirá en máis clientes e un incremento das túas vendas. Conseguir ocupar as mellores posicións en Internet grazas ao posicionamento web SEO, permitirá que te atopen rapidamente. Hoxe en día, se non estás entre as dúas primeiras páxinas de resultados de Google, estás morto.

Unha web rápida que cumpla con todos os requisitos de Google a nivel técnico e de contidos conseguirache mellores resultados que a túa competencia. Se ademais a experiencia do usuario (UX) está optimizada e o embude de conversións (CRO) está ben configurado, as posibilidades de éxito multiplícanse.

A analítica web e o estudo do fluxo de visitas permitiranche coñecer mellor os clientes e potenciales clientes e enfocar as túas estratexias cunha marxe de erro mínima. Un seguimento constante ofrecerache información sobre a evolución da túa empresa e do teu sector, permitirache crear obxectivos factibles a medio e longo prazo e mellorará os teus resultados. Escríbenos a [email protected] e porémonos mans á obra.

comeZAMOS?

Privacidade

3 + 3 =

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento: Responsable: VINCUSYS, SL. Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición Más información del tratamiento en la política de privacidad.