Deseño e desenvolvemento de páxinas web

Deseño web

Aínda non tes presenza en Internet? Xa estás en Internet pero é como se non estiveras? Axudamos a todo tipo de empresas e proxectos a ter presenza on line para os seus produtos e servizos. Dende unha páxina web corporativa onde informar sobre a túa empresa ata a túa tenda on line, pasando pola plataforma a través da que poidas prestar os teus servizos a distancia por Internet.

Poñemos á túa enteira disposición a nosa experiencia de máis de 20 anos no sector da creación, o desenvolvemento e o deseño web. O noso equipo realizará o desenvolvemento e o deseño web máis adecuado para ti, para axudarche a potenciar a túa imaxe e conseguir novas vendas. Ofrecemos programación web a medida ou baseandonos en xestores de contidos (CMS) como WordPress ou Drupal e plataformas como Prestashop, Magento ou Moodle. E se precisas integrala co teu programa de xestión ou CRM, tamén nos encargamos de programar os conectores precisos para o teu software.

Ademais, como consultora tecnolóxica, axudámosche en todo o proceso de dixitalización da túa empresa e, como expertos en márketing dixital, no deseño e execución da estratexia de márketing necesaria para acadar os obxectivos do teu proxecto.

Non esperes máis e comeza a sacar o máximo partido á túa presenza on line. O camiño faise andando.

Os nosos servizos

Webs corporativas

Desenvolvemos e deseñamos a carta de presentación do teu negocio, empresa ou marca persoal que che permita chegar á túa audiencia en Internet.

Páxinas web para hoteis

Especializámonos no desenvolvemento de páxinas web que respondan ás necesidades específicas do sector hoteleiro, orientadas á venda directa.

Tendas on line e-commerce

Desenvolvemos e deseñamos tendas on line en WordPress, Prestashop e Magento, integramos pasarelas de pago, software loxístico, de distribución, seguimento de carriños, remárketing...

Plataformas de e-learning

Poñemos en funcionamento plataformas LMS como Moodle para impartir cursos on line ou apoio a cursos presenciais, así como para a xestión académica.

Páxinas web responsive

Deseñamos webs centradas no móbil e adaptables a todo tipo de pantallas e resolucións, para que non perdas nin unha soa oportunidade de venda.

Sincronización web

Encargámonos da integración entre a túa tenda on line co teu programa de xestión. Ou, se o prefires, podemos implantarche unha solución de xestión á túa medida.

Comezamos algo novo?

VINCUSYS

Cóntanos algo bonito!

De conformidade coas normativas de protección de datos, facilitámoslle a seguinte información do tratamento: Responsable: VINCUSYS, SL. Fins do tratamento: manter unha relación comercial e enviar comunicacións de produtos ou servizos Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición. Máis información do tratamento na política de privacidade.