VINCUSYS

Coñécenos

Somos unha axencia de márketing, comunicación e tecnoloxía que presta servizos 360º dende Santiago de Compostela (Galicia) a empresas de toda España.

VINCUSYS nace da fusión de dúas axencias cunha década de andaina por separado: VINCUTATO e COMUSYS. A primeira, centrada na rama máis relacionada coa comunicación e o deseño gráfico do márketing e a segunda, na vertente analítica, económica e tecnolóxica.

Tras unha vintena de anos de traxectoria por separado e en proxectos conxuntos, Teresa e Javier fundaron VINCUSYS no 2021.

O know how de ambos, apoiado na dilixencia, proactividade e ilusión de Patricia, Alejandro, Juan e Inés, permítennos dar resposta a unha demanda crecente de servizos integrais no eido do márketing, a comunicación e a tecnoloxía.

Experiencia, innovación e atención ó detalle son as sinais de identidade dos traballos executados polo noso equipo. Empregamos as infinitas posibilidades da tecnoloxía para optimizar os resultados dos nosos clientes, porque sabemos que un servizo 360º ofrece a tranquilidade adicional dun equipo multidisciplinar executando e monitorizando cada paso que dá a túa empresa.

A nosa solución global cobre todas as necesidades do teu negocio, tanto nas nosas diferentes áreas de actividade como en outras nas que nos apoiamos en distintos partners.

Creamos a túa estratexia de márketing e apoiamola nos últimos avances tecnolóxicos.

O noso equipo

Teresa Iglesias

Teresa Iglesias
Directora de márketing

Xornalista especializada en márketing dixital con case dúas décadas de experiencia en prensa, comunicación, márketing e vendas.

Toma tanto café que calquera día se vai vivir a Colombia. Encántalle o politiqueo, os artigos de papelería e nunca di que non a un churrasco. A súa especiladade é repartir traballo para todos, pero como o pide cun sorriso, ninguén se queixa 😂.

2 de xullo

Javier Fernández

Javier Fernández
Director de tecnoloxía

Informático e economista con MBA, leva preto de 20 anos aplicando todos estes coñecementos na contorna dixital.

Atopa solucións creativas para todo e sempre comeza con "a cousa é a seguinte". Encántalle a ciberseguridade e as contrasinais alfanuméricas con infindos caracteres especiais. Din que é un gran xefe porque ten a todos moi mimados.

23 de marzo

Patricia Besada

Patricia Besada
Técnica de márketing

Graduada en Comunicación Audiovisual e Máster en márketing dixital, cunha dilatada experiencia en atención ao cliente.

O sorriso da nosa oficina: sempre de bo humor, animando ao resto a dar o mellor de si mesmos. É moi creativa, autoesixente e, encántanlle as listas! Marie Kondo ao seu lado é unha principiante.

21 de setembro

Alejandro Díaz

Alejandro Díaz
Programador

Técnico Superior en Desenvolvemento Web e Técnico Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma enfocado en programación web a medida e apps.

Todos temos curiosidade por ver que é o que escribe na súa libreta, que cada día ten páxinas cheas. É a persoa ideal para xogar ó póker porque nunca sabes que pensa. Soporta estoicamente os cambios que ten que facer cada vez que xorde unha das nosas ideas peregrinas.

10 de outubro

Juan García

Juan García
Community manager

Graduado en Comunicación Audiovisual e Xornalismo, con experiencia en creación e redacción de contidos.

É tan bo comunicador e transmite tanta ilusión que é capaz de espertar a túa curiosidade sobre calquera tema, enganchounos a todos a TikTok! Pode facer catro cousas á vez e que saian todas ben e nos seus intres libres sucumbe ás múltiples tentacións de Taco Bell, ata o punto de que é embaixador 🌮.

2 de decembro

Inés Poses

Inés Poses
Programadora

Técnica Superior en Desenvolvemento Web, especializada en desenvolvemento front end en aplicacións cloud.

É unha persoa moi alegre e sorrinte. Gústanlle moito os retos e sabe atopar solucións creativas para problemas técnicos complexos. Cat lover, fan do gancho, a natación e... as verbenas 💃!

1 de outubro

Séguenos en redes sociais

Comezamos algo novo?

VINCUSYS

Cóntanos algo bonito!

De conformidade coas normativas de protección de datos, facilitámoslle a seguinte información do tratamento: Responsable: VINCUSYS, SL. Fins do tratamento: manter unha relación comercial e enviar comunicacións de produtos ou servizos Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición. Máis información do tratamento na política de privacidade.