Tecnoloxía

Servizos que nos impresionan ata a nós 😱.

asesoria tecnica galicia

Consultoría tecnolóxica

O noso coñecemento e experiencia permítennos asesorarte en calquera decisión de inversión nas tecnoloxías da información en función das necesidades específicas do teu proxecto. Queremos ser o partner tecnolóxico que te acompañe a cada paso que deas e axudarte a medrar.

Delega en nós e céntrate no teu negocio apostando por un equipo cunha dilatada experiencia no sector TIC e deixa que nos encarguemos da estratexia tecnolóxica, dos teus sistemas e do desenvolvemento que precisas.

 

«Internet facilita a información axeitada, no momento axeitado, para o propósito axeitado.» 

 Bill Gates

pagina web a medida tienda online

Deseño e desenvolvemento web

Os nosos 15 anos de experiencia en deseño e desenvolvemento de páxinas web permíntennos implementar sempre as últimas tecnoloxías para que o teu negocio poida aproveitar todas as vantaxes de estar online. Desenvolvemos todo tipo de sitios web, corporativos, para tendas online e-commerce ou plataformas de aprendizaxe e-learning. WordPress, Prestashop, Magento, desenvolvementos a medida integrados co teu sistema de xestión… todo o que precises👍!

Centramos os nosos esforzos na optimización técnica, para cumprir cos requisitos de Google, e na experiencia de usuario, tanto en ordenador como en smartphone, apostando sempre polos deseños mobile-friendly.

As nosas páxinas están pensadas para conseguirche os mellores resultados, poñendo énfase en dous aspectos: transmitir os valores da túa marca con eficacia e proximidade e maximizar as conversións, para incrementar os teus beneficios.

optimizacion seo tecnico de contenidos

Desenvolvemento de software e apps

Tes unha idea? Creamos para ti a aplicación ou programa informático que precises. Desenvolvemos software, aplicacións web e para móbiles tendo en conta as túas necesidades, os obxectivos que persegues e a tecnoloxía máis axeitada.

Programamos aplicacións completamente a medida, segundo os teus requisitos, ou facemos adaptacións e módulos para software libre, para que o resultado sexa o máis axeitado para o teu negocio.

Se precisas unha integración entre diferentes sistemas tamén podemos axudarte, porque ofrecemos solucións modulares para sincronizar a información entre distintos programas.

optimizacion seo tecnico de contenidos

Solucións de software

Asesorámoste para implantar o software que mellor se adapte ás necesidades da túa empresa, non sen antes ofrecerche consultoría de software para o seu posterior desplegue no teu negocio.

Estamos especializados en solucións para xestión empresarial, como software de contabilidade, xestión de clientes CRM, xestión de proxectos, xestión integral de negocios ERP ou marketing automation.

Traballamos con solucións de software libre para ahorrarche custosas licenzas recurrentes e ofrecerche solucións máis flexibles que se adapten ás túas necesiades reais. Queres saber como o facemos?

Sistemas IT

Queremos ser o socio tecnolóxico que necesitas. Por iso che propoñemos encargarnos da implementación da infraestructura de hardware e software para as túas redes e sistemas que cubra as túas necesidades. Adaptamos as nosas solucións a calquera tipo de empresa e circunstancia, tanto localmente como na nube.

Ademais, terás soporte técnico remoto e presencial con persoal técnico altamente cualificado para os servizos contratados.

Tamén che ofrecemos solucións na nube para os teus proxectos online e un servizo global con servidores en diversos países, para brindar solucións optimizadas segundo o público ao que queiras orientalas. Empezamos?

ciberseguridad

Ciberseguridade

A seguridade informática é un elemento crucial para calquera empresaProporcionámosche solucións que che brinden tranquilidade a través da xestión activa da seguridade dixital do teu negocio, cun servizo transversal a todas as plataformas e sistemas.

Encargámosnos da creación de redes e sistemas informáticos seguros, pensados para as necesidades actuais, como o acceso remoto ou o teletraballo a través de redes privadas virtuais VPN.

Configuramos zonas na rede informática en función do crítico que se almacene en cada sistema, coa división en segmentos de rede e o uso de firewalls perimetrais avanzados.

Implementamos software para a detección temprana de ameazas, para minimizar os efectos do software dañino, ou un ataque informático, así como poñemos en marcha plans de copias de seguridade (backups) para a posterior actuación ante desastres.

Negocio dixital

Como axencia de marketing e tecnoloxía, ofrecémosche desenvolvemento e mentoring de proxectos de dixitalización do teu negocio. AS nosas solucións 360º e como partner tecnolóxico permitiranche centrar os teus esforzos no eido do teu negocio.

A transformación dixital xoga un papel de gran importancia na actualidade, e desde VINCUSYS, como especialistas en negocios dixitais, axudámoste e acompañámoste durante todo o proceso, desde a posta en marcha de solucións de teletraballo ou formación a distancia ata o salto ao entorno online ou á venda a través de e-commerce.

Unha das nosas áreas de especialización é a análise de datos e de resultados de negocios, para ofrecerche estratexias orientadas a resultados. Obtén sempre a información necesaria no momento preciso co formato axeitado para aumentar o teu beneficio empresarial e a túa rendibilidade.

Comezamos?

Privacidade

15 + 14 =

De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento: Responsable: VINCUSYS, SL. Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y enviar comunicaciones de productos o servicios Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición Más información del tratamiento en la política de privacidad.