Vincusys

Esta que vos vou contar é a nosa pequena gran historia e toca moitos xéneros: drama, loita, amizade e un pouco de ciencia ficción.

teresa iglesias periodista marketera

TERESA IGLESIAS, DIRECTORA DE MÁRKETING

Ola, son Teresa Iglesias e quero contarvos a historia de VINCUSYS. Coñezo moi ben a esencia deste proxecto, eu estiven dende o principio, e teño que dicir que teño un equipo sinxelamente espectacular.

Sería feo que o dixese eu se non fose porque considero que honestidade e xustiza pasan por recoñecer o mérito que teñen todos e cada un dos meus compañeiros.

Se queres coñecer a miña traxectoria anterior a VINCUSYS, le abaixo a historia de VINCUTATO 👇.

JAVIER FERNÁNDEZ, DIRECTOR DE TECNOLOXÍA

En primeiro lugar, vou falarvos de Javier Fernández, o meu socio neste proxecto, aínda que non o primeiro que lanzamos xuntos. Quizais foi #encarcelados, arredor do 1999, unha canle de chat no IRC. Os máis novos non o coñeceredes, pero era a bomba nos 90. Unha vez lin que Santiago era a cidade de España con máis cibercafés por habitante. Eran unha praga e estabamos todos enganchados aos xogos en liñ e ao IRC. Un contorno que coñece moi ben Javier, que dende 2001 está ligado ao mítico Red Hispana, onde tivemos ocasión de interactuar cos precursores dos chatbots. E si, daquela xa había hashtags! Creamos esa canle para os compañeiros da escola, pero claro, non caemos en que sendo oito alumnos en COU era posible que non chegase a ser unha canle de chat multitudinaria. Pero non hai fallo, que menos é máis 😂.

Fomos ao colexio xuntos dende os 2 anos. E aínda me aguanta 😱! Educáronnos no respecto ao máis puro old style, cara a nós mesmos, cara aos nosos compañeiros, cara ao traballo e, por suposto, cara aos clientes. E é algo esencial na nosa forma de ver a vida e o negocio. 

Se queres coñecer a súa traxectoria anterior a VINCUSYS, le a historia de COMUSYS 👇.

VINCUSYS é unha fórmula que vén de VINCUTATO + COMUSYS.

Su título va aquí

Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.

HISTORIA DE VINCUTATO

VINCUTATO naceu en Barcelona, en plena crise do ladrillo. Cando terminei Xornalismo na UAB, estudei o primeiro ciclo de Ciencias Políticas na UPF e cursos de márketing dixital aplicados á xestión de comunidades en liña, márketing dixital, ecommerce e copy creativo na Fundación UNED. Agora curso o Grao de Estudos Ingleses na UNED, a antiga Filoloxía Inglesa, porque me quedou esa espiña cravada. 

E mentres… que?

Todo isto mentres traballei en editoriais internacionais como xornalista, en comunicación e logo en márketing, da man de Olga Fernández Puigcarbó, unha das mellores comerciais que viu este país. Ela ensinoume que as vendas poden ser conversacións agradables que flúen a través da empatía, a pesar de que sexan a porta fría ou por teléfono, e que a venda emocional engancha ao que a executa e ao que a recibe

Un bo día, o meu irmáncoach (si, todo xunto, é un cargo que eu me inventei) convenceume de que eu podía montar unha axencia, conseguir un bo equipo e ofrecer un servizo 360º. A súa capacidade de persuasión XXL levoume a darme de alta de autónoma ao día seguinte. Só necesitaba un nome e VINCUTATO é unha palabra que dicía a miña sobriña cando aínda non sabía pronunciar vinte e catro. Ten un total de 0 das características que nos explicaron na carreira que debe ter unha marca, que podía saír mal? 😂.

 

Editoriais + hostalería = cóctel de película

Como era nova e tiña moita enerxía, ademais de traballar de luns a venres como redactora e estudar, durante 9 anos traballei en hostalaría de tarde-noite as fins de semana. Iso axudoume a conseguir os primeiros clientes, que querían un perfil de comunicación pero que coñecese o sector da restauración. Eu coñecíao moi ben e dende dentro. 

Nesa época coincidín con David Porras, do que aínda non vos falei. É unha mente brillante cun talento espectacular. O rei dos debates nos bares, a Wikipedia con patas e, por último pero non menos importante, un gran gráfico. Cando un cliente nos encarga un deseño enfocado á arte, David e o seu talento forxado na Escola de Belas Artes é a persoa indicada. Con el moi preto arranquei cos primeiros clientes de hostalaría, Universitas, con 23 restaurantes, e Milano Cocktail-Bar, o mellor traballo da miña vida. Un novo club de jazz-coctelería internacional que axudamos a popularizar e meter no circuíto de lecer barcelonés: músicos de todo o mundo en directo e cócteles de película. Unha fórmula que comunica éxito soa. Arrincaba o gastromárketing da man de VINCUTATO.

Su título va aquí

Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.

HISTORIA DE COMUSYS

Javier é un emprendedor nato. Sempre con plans e estratexias, sempre falando de crear empresas. Algunhas tolas tolas, outras brillantes. Mágoa non ter a Amancio Ortega de patrocinador, porque fariamos marabillas 😂.

Proxectos de todo tipo 

A súa primeira idea monetarizada foi a dos chats, pero tamén foi cofundador con Elisabet de “Recíclame”, un proxecto de reciclaxe que naceu para cubrir a parte práctica dunha materia da súa licenciatura en Económicas. Foi un blog que chegou a ter 120.000 visitas ao mes

Co seu apoio de background naceu en 2010 a axencia COMUSYS, que viña ser unha versión acurtada de Communication Systems. No proxecto tamén estiveron David, un informático ao máis puro estilo IT Crowd, e Berta, apoiando en comunicación e publicidade, agora centrada na súa propia marca en liña, que está a funcionar xenial: Lady Bert. 

Os primeiros clientes de COMUSYS buscaban unha axencia técnica que lles deseñase páxinas web a medida. Comezaba a súa historia no sector da hostalería e, en breve, no comercio en liña, facendo o que agora entendemos por SEO técnico para unha zapatería en liña especializada en Chiruca. Falo de cando o SEO aínda non se chamaba SEO senón “ponme de primeiro en Google” 😂. En breve conseguíu a Carrís Hoteis como cliente, para quen levamos traballando preto de seis anos. Era o principio dunha longa lista de proxectos técnicos enfocados a ventas. 

 

Programador pro con alma de números

Javier é o maior autodidacta que coñecín na miña vida. A través da dúbida metódica, da proba-erro-aprendizaxe acaba dominando todo o que se propón. Encántalle estar informado, parece el o xornalista! E ademais, estalo sobre os temas máis variados. Si, ás veces sabe de cousas que che deixan con cara de póker 😂. Pero o que máis lle gusta, dende sempre, é a informática. Profesor de informática para oposicións na academia Premir, programaba xa en C no século pasado -literalmente- e é o resolvetodo dende sempre e por excelencia para os que o coñecemos. 

Ten un perfil moi transversal porque ten estudos de informática, é economista cun MBA e está no grupo de traballo de márketing do Consello Xeral de Economistas. En xeral, encántalle acumular certificacións, pero as que máis lle gustan son as de socio certificado de Google Ads e Google Analytics. En definitiva, é o informático de cabeceira que todos queremos ter, pero só uns poucos somos afortunados 😎.

PATRICIA BESADA, TÉCNICA DE MÁRKETING

Rubén López Mera

Rubén López, desenvolvedor informático 

Cando volvín a Santiago despois de 10 anos de morriña en Barcelona, montei a oficina de Basquiños 20, actual sede de VINCUSYS, e VINCUTATO necesitaba un programador de confianza, capaz de xestionar equipos: Javier Fernández. Era o principio da nosa asociación.

Durante anos traballamos coas dúas marcas, VINCUTATO para márketing dende o ángulo da comunicación e COMUSYS dende a perspectiva do márketing técnico e analítico. Co coronavirus vimos que ía a ser moito máis operativo ofrecer os nosos servizos 360º dende unha soa ubicación e baixo o paraugas dunha soa marca.

 

Así naceu VINCUSYS, unha axencia de márketing, comunicación e tecnoloxía preparada para dar solucións integrais e a medida a calquera tipo de negocio dixital. 

 

Os avatares son obra de Alberto, publicista e excelente deseñador gráfico que tamén foi connosco ao colexio.

Dende fai uns meses temos como técnica de márketing a Patricia Besada. Estudou Comunicación Audiovisual na USC, viviu un ano en Londres e logo fixo prácticas do seu máster en Marketing Dixital cun cliente e amigo de VINCUSYS, Jacobo Blanco, de Capitel KSA. Estiven presente durante a entrevista e foi amor a primeira vista, ten todo o que alguén quere nun compañeiro: ilusión, proactividade, ganas de aprender, intelixencia, simpatía e resolución. Non é fácil reunir todas esas características, nin que eu sinta amor a primeira vista. E hai que recoñecer que José, o noso deseñador gráfico de Madrid, creoulle un avatar cun pelo curly que lle fai xustiza 😍. Un artista.

Ao noso equipo tamén se sumou Rubén López, como desenvolvedor informático. Despois dos seus estudos en Enxeñería Informática na UDC, cursou o Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións no IES San Clemente. A súa paciencia infinita caracterízao, pedímoslle axuda a cada intre e sempre nos resolve todo cun sorriso. É unha persoa tranquila, con ganas constantes de aprender, pero sen dúbida o que máis o representa é a súa capacidade de resolución. A palabra angustia non a coñece: nin sequera nos días de máis traballo vímolo estresarse 👀. Tranquilidade e espírito colaborativo, que máis se pode pedir nun compañeiro?

E agora que xa coñeces a nosa historia, tes que coñecer o noso lema, que queremos facer teu: THE BEST IS YEST TO COME!

¿EMPEZAMOS ALGO GRANDE?

Privacidade

10 + 13 =

De conformidade coas normativas de protección de datos, facilitámoslle a seguinte información do tratamento: Responsable: VINCUSYS, SL. Fins do tratamento: manter unha relación comercial e enviar comunicacións de produtos ou servizos. Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición. Máis información do tratamento na política de privacidade.